HomeDeportesIgualdade e superación nos colexios do Saviñao da man da atleta Nuria...

Igualdade e superación nos colexios do Saviñao da man da atleta Nuria López

A atleta saviñense internacional Nuria López disertou sobre igualdade e superación nos colexios de Escairón e Curelos. A charla enmarcouse dentro do Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nuria López, natural da parroquia de Licín, conta cun excelente palmarés. Foi campioa de España 18 veces en 100, 200 e 400 metros; 8 veces récord de España en 100, 200 e 400 metros; e bronce e prata na Copa do Mundo de París en 2019.

O alcalde, Carlos Armesto, agradece a disposición da deportista por compartir a súa experiencia cos rapaces destes dous centros, pois, “sen lugar a dúbidas, remarca o rexedor, Nuria é todo un exemplo á hora de afrontar dificultades. Querer é poder, e a nosa veciña demostrouno con creces”. 

O máximo mandatario do Saviñao engade: “Estamos moi orgullosos dos seus éxitos pero, sobre todo, da súa persoa, xa que foi quen de levar o nome do noso pobo a distintos países do mundo, demostrando que temos un gran potencial tamén no eido deportivo e, dun xeito máis humano, no tamén eido da superación”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...