HomeDeportesMencía Suárez do Club de Volei Ribeira Sacra, convocada coa Federación Española

Mencía Suárez do Club de Volei Ribeira Sacra, convocada coa Federación Española

O club está moi orgulloso do traballo que realizan as adestradoras coa canteira e este traballo reflíctese cando unha Federación fíxase nas xogadoras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xogadora infantil, Mencía Suárez Rodríguez, nacida en 2008 (infantil de primeiro ano, aínda quedaría un ano máis sendo infantil) foi seleccionada pola Real Federación Española de Voleibol para as xornadas de tecnificación e control enmarcadas no Plan 2025.

A súa adestradora, Laida Alvarado, está tamén moi orgullosa e contenta por Mencía, deséxalle que goce moito e aprenda moito máis dos técnicos da Federación Española que serán quen dirixa ditas xornadas.

Desde o club felicitan a Mencía e subscriben as palabras da súa adestradora, “sobre todo que goce da experiencia, aínda quedan moitos anos para seguir aprendendo e perfeccionándose no voleibol e que oxalá non sexa a última vez que as federacións tanto a galega como a española fíxense nela, nós cremos que é unha nena que terá proxección neste deporte.”

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...