HomeDeportesO Quixós competirá esta fin de semana no Barco de Valdeorras

O Quixós competirá esta fin de semana no Barco de Valdeorras

As augas do río Sil acollerán dous campionatos nacionais e un autonómico os días 15 e 16 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Fluvial O Barco será o anfitrión do ‘Campionato de España de descenso de augas bravas por patrullas modalidade Clásica’, a ‘Copa de España de descenso de augas bravas na modalidade Sprint e Clásica’, e o ‘Campionato galego de descenso de augas bravas modalidade Clásica’.

Na organización, a cargo da Federación Galega de Piragüísmo, colabora o Concello do Barco de Valdeorras.

O Club Quixós acude a esta cita cunha nutrida representación en todas as modalidades das competicións, chegan en moi boa forma e esperan volver a Monforte con varias medallas.

HORARIO DAS REGATAS

O sábado 15 celebrarase a Copa de España na modalidade Sprint, comezando a primeira manga a partir das 15:30 h. e a segunda a partir das 17:00 h. A saída terá lugar na coñecida como ‘zona do cachón-casas baratas’.

O domingo 16 de maio terá lugar a Copa de España de descenso Clásica individual, o Campionato de España por patrullas modalidade Clásica e o Campionato galego modalidade Clásica. Ás 10:00 h. dará comezo a Copa de España Clásica individual e o Campionato galego, mentres que o Campionato de España por patrullas modalidade Clásica serán ás 11:30 h. A saída destas competicións realizarase dende Éntoma.

ÚLTIMAS

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a...

Outro aforo completo para o ‘Marida maio’

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo...