HomeDeportesOs alevíns do Korbis monfortino máis preto de poder competir en Valladolid

Os alevíns do Korbis monfortino máis preto de poder competir en Valladolid

Na xornada do sábado 5 de xuño recadaron 1000 euros, e xa suman 2000 en total. Segundo calculan, con 3000 poderían xogar a fase final do campionato de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os alevíns do club de voleibol monfortino necesitan, segundo nos comentou o seu adestrador, Miguel A. de la Gama, 3000 euros para poder participar na fase final do campionato de España que se celebra en Valladolid  do 18 ao 20 de xuño.

Os rapaces, campións galegos na súa categoría, puxéronse a vender rifas desde o pasado mércores ao prezo dun euro e cun sorteo final dunha cea no restaurante monfortino Mesón JM.

Levaban recadados 1000 euros e na xornada deste sábado 5 buliron por Monforte ofrecendo números para o sorteo ademais de poñer unha mesa con material do club –camisetas e suadeiras– á venda a prezo de ganga. Estiveron pola zona do Parque dos Condes e da Compañía pedindo a colaboración da xente e o resultado foi tan bo que cara as 20:00 h. xa venderan 1000 rifas.

Xa lles falta menos para acadar os 3000 euros que puxeron de obxectivo, e así poder competir en Valladolid como premio á gran tempada.

Rapaces do Korbis na Compañía / XdL

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Ao longo deste mes de xuño o Club Korbis abre as súas portas para que todos aqueles e aquelas que queiran gozar do voleibol pasen polo pavillón da Pinguela.

Os horarios segundo datas de nacemento están na súa páxina de Facebook pu tamén se pode pedir información ao respecto no número 686 87 45 89.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...