HomeDeportesO Quixós empeza a Liga Galega Promoción Slalom 2021

O Quixós empeza a Liga Galega Promoción Slalom 2021

Será este domingo, 13 de xuño, en Ponteareas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As piragüistas e os piragüistas máis pequenas e pequenos do Club Quixós de Monforte madrugarán este domingo 13 de xuño para ir competir á vila pontevedresa de Ponteareas, lugar onde dá comezo a Liga Galega Promoción Slalom deste ano.

En ‘Abridores’ estará Noa Quintián; en K1 Muller Alevín Mara Ledo e Sara Inés Varela; en K1 Muller Infantil Nerea Gutiérrez; en C1 Home Alevín Martín Prats; en C1 Home Infantil Jacobo Rodríguez; en C1 Muller Alevín Mara Ledo e Sara Inés Varela; en C1 Muller Infantil Nerea Gutiérrez; en K1 Home Prebenxamín Antón Liñares, Marco Rodríguez e Mateo Valladares; en K1 Home Benxamín Xoel Fernández e Rodrigo Morillo; en K1 Home Alevín Edgar Álvarez e Martín Prats; en K1 Home Infantil Diego Expósito e Jacobo Rodríguez.

A competición, que ten previsto o seu comezo ás 11:00 h., terá lugar no Río Tea, na Praia da Freixa da vila de Ponteareas.

Piragüistas do Club Quixós no embarcadoiro do Parque dos Condes / XdL

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...