HomeDeportesA Vuelta Junior Cofidis o 11 de xullo en Monforte

A Vuelta Junior Cofidis o 11 de xullo en Monforte

A xornada diríxese a nenos e nenas de 8 a 11 anos, que participarán en charlas e sesións prácticas ao aire libre sobre educación vial, ciclismo e hábitos de vida saudable.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O domingo, 11 de xullo, celebrarase en Monforte a “Aula Ciclista-Bike Park”, que forma parte da Vuelta Junior Cofidis, e é un evento enmarcado dentro dos actos e actividades promocionais da Vuelta a España 2021. A actividade terá lugar na Praza da Compañía en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. 

Este evento diríxese a nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, motivo polo cal “hoxe iniciamos dende o Concello de Monforte, en colaboración cos organizadores da Volta a España, unha campaña de difusión de este evento entre os centros educativos da nosa cidade, co fin de conseguir o maior número de participantes”, salienta o Alcalde.

Aula Ciclista-Bike Park consistirá nunha aula de ciclismo onde se impartirán contidos teóricos sobre seguridade vial, alimentación, medio ambiente e mecánica da bicicleta, e contidos prácticos que se levarán a cabo nun circuíto de habilidades e manexo da bicicleta. Ademais, dende a organización do evento, repartiranse numerosos agasallos entre as persoas asistentes. A actividade contará con protocolo específico de prevención do contaxio por COVID-19.

Todas as persoas asistentes terán opción de ser seleccionadas para participar na Vuelta Junior Cofidis, que terá lugar o día 3 de setembro, día no que finaliza a etapa número 19 da Volta a España 2021 entre Tapia de Casariego e Monforte de Lemos. Ese día, os nenos e nenas participantes terán a oportunidade de vivir dende dentro o ambiente profesional do evento, realizar un tramo do percorrido entrando na meta do mesmo xeito que o van a facer os corredores minutos máis tarde, e incluso subir ó podio cos gañadores da etapa.

“Dende o Concello”, subliña o Alcalde, “agardamos que sexan moitos os nenos e nenas monfortinos os que se animen a participar nesta actividade, pois a través desta aula ciclista, aprenderán e porán en práctica valores como o respecto, o esforzo e o traballo en equipo, á vez que se divertirán, nunha xornada familiar e festiva, que estou seguro será todo un éxito”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...