HomeDeportes“Aventura no Camiño”, programa deportivo de verán en Sarria

“Aventura no Camiño”, programa deportivo de verán en Sarria

O concello abriu o prazo para inscribirse nas diferentes actividades e cursos deportivos que integran o ‘verán deportivo 2021’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Concellería de Deportes de Sarria vén de presentar as actividades de verán publicando o pasado 17 de xuño as bases para formalizar as inscricións. Segundo se concreta nas mesmas, as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de solicitude.

Desenvolveranse nos meses de xullo e agosto, por quendas de quince días e de luns a venres en horario de mañá.

Haberá cursos de natación, con niveis que van dende a aprendizaxe ata o perfeccionamento, e contemplando ademais a atención a persoas con necesidades especiais, adultos e embarazadas; e unha ampla e variada listaxe de actividades para todos os gustos programadas baixo o título “Aventura no Camiño” por estar moitas delas contextualizadas coa ruta xacobea.

Dentro destas actividades deportivas destinadas a rapazas e rapaces de 12 a 17 anos ofrécense: Rutas de sendeirismo no Camiño de Santiago e na Ruta das Aceas, xogos sensoriais co Camiño dos Sentidos (ruta sensorial), técnicas de Vivac e Xeocaching, xincanas, multiaventura (orientación, slackline), búsqueda do tesouro pola vila de Sarria, obradoiro medioambiental e actividades acuáticas (kaiak, paddel surf e xogos acuáticos).

Os formularios de solicitude de praza están dispoñibles na páxina web do Concello de Sarria e tamén na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e no rexistro do concello. Para formalizar as reservas deberán entregarse as solicitudes no rexistro do concello e pagar a taxa que corresponda.

O lugar de realización dos cursos de natación será a Piscina Municipal mentres que as actividades deportivas desenvolveranse nas instalacións deportivas do concello.

Cartel

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...