HomeDeportesO Quixós, primeiro por equipos na Copa Galicia do Rosal

O Quixós, primeiro por equipos na Copa Galicia do Rosal

O mérito para este resultado está nas promesas do club monfortino de piragüismo que gañaron un total de 14 medallas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A competición a nivel autonómico tivo lugar este domingo 27 de xuño no río Tamuxe, no Concello do Rosal, e participaron 4 equipos.

O monfortino Quixós, un dos favoritos, chegaba ademais con piragüistas que competían por primeira vez, e unha elas, Abril Fernández, conseguiu un ouro na categoría de K1 Prebenxamín.

O nivel amosado pola rapazada do Quixós non deixa lugar a dúbida, con 14 medallas conseguidas nas diferentes categorías nas que competían. Como curiosidade pódese comentar, por exemplo, que na categoría K1 Prebenxamín, o pódium estaba composto integramente por palistas do Quixós. Antón Liñares foi ouro, Marco Rodríguez levou a prata e Mateo Valladares o bronce.

Para completar o cadro masculino, as medallas repartíronse do seguinte xeito: Martín Prats levou ouro e prata en K1 e C1 Alevín respectivamente; Jacobo Rodríguez tamén fixo dobrete, neste caso con dous ouros en K1 e C1 Infantil; e xa en K1 Benxamín os monfortinos Xoel Fernández e Rodrigo Morillo levaron ouro e bronce respectivamente.

No cadro feminino, ademais da sorprendente vitoria da debutante Abril Fernández, destacar os dous ouros de Nerea Gutiérrez en K1 e C1 Infantil e as dúas pratas de Sara Inés Varela en K1 e C1 Alevín.

Santi Díaz, director deportivo do club, amosou a súa satisfacción e valorou moi positivamente a motivación de todos, especialmente dos que se estreaban a nivel competitivo.

Santi Díaz recollendo o trofeo de mellor equipo / XdL

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...