HomeDeportesAndrea Gudín 4 medallas no Campionato Galego de Natación

Andrea Gudín 4 medallas no Campionato Galego de Natación

Esta fin de semana disputouse na Piscina Rías do Sur de Pontevedra, o Campionato Galego de Natación da categoría Alevín, no que participaron 7 nadadores do Cub Natación Monforte con mínimas logradas ao longo da tempada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mihaela Verónica, Mara Ledo, Daniel Pérez, e Daniel Mendes, participaron en probas individuais, nas que melloraron notablemente os seus tempos. Antía González e Aurora Zhou, participaron nas probas de substitucións (feminino) nas que tamén se obtiveron moi bos resultados.

Pero sen dúbida a gran protagonista deste torneo foi Andrea Gudín, quen conseguiu “nada menos” que 4 medallas (tres de ouro, e unha de prata) na súa categoría (Alevín 1º ano).

Todos os nadadores e nadadoras amosaron con estes resultados o froito dun gran traballo de esforzo e dedicación ao longo de toda a tempada. O club dá parabéns a todos os seus deportistas polo seu gran traballo.

Grupo Alevín / CNM

ÚLTIMAS

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...