HomeDeportes4 medallas para o Club Natación Monforte no Campionato Galego Infantil

4 medallas para o Club Natación Monforte no Campionato Galego Infantil

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta fin de semana celebrouse na Piscina Rías do Sur de Pontevedra, o Campionato Galego Infantil de Verán, competición á que asistiron 8 nadadores do Club.

“Despois dun duro traballo realizado durante toda a tempada, os resultados demostraron o alto grao de preparación e desempeño dos nosos deportistas. En xeral as marcas persoais melloráronse notablemente, e iso deixouse ver nos postos logrados nas clasificacións xerais das distintas probas,” sinalan desde o Club.

Javier Pontón conseguiu 3 medallas (Prata en 200 costas, broce en 100 costas, e bronce en 50 libres), e unha medalla de broce conseguida por David Conde en 200 metros estilos. “Igualmente destacar ese meritorio cuarto posto conseguido na proba de substitucións masculina 4 x 100 estilos, no que se deixa claro a boa compenetración dos nosos nadadores. Parabén a todos por este sensacional torneo,” conclúen desde o Club.

Galego Infantil / Club natación Monforte

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...