HomeDeportesMonforte abre o prazo de solicitude das instalacións deportivas municipais

Monforte abre o prazo de solicitude das instalacións deportivas municipais

Desde este mércores, 14 de xullo, todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2021-2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Poden presentar solicitude as asociacións deportivas escolares ou centros educativos que participen en programas de deporte escolar durante a tempada 2021 – 2022; clubs, entidades deportivas e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que participen nalgún tipo de competición deportiva durante a tempada 2021 – 2022 organizada por algunha das Federacións Deportivas Galegas ou Españolas e os que realicen actividades non oficiais dirixida á promoción do deporte e a actividade física e recreativa entre os cidadáns durante a tempada 2021 – 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, sendo o derradeiro día para a presentación o 28 de  xullo de 2021. Tanto as bases da convocatoria como o uso das instalacións deportivas está regulado polo REGULAMENTO DE USO, RESERVA E ALUGUER DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MONFORTE que foi publicado no BOP Nº 190 do xoves 20 de agosto de 2020.

Ademais de polo regulamento, o uso das instalacións deportivas dependerá da evolución da pandemia da COVID-19 que se dea en cada momento. Deste xeito o Concello de Monforte publicará os protocolos de uso das instalacións deportivas que condicionarán a utilización das mesmas.

Na páxina web do Concello de Monforte, todos os interesados poderán descargar a seguinte documentación:

  • Bases da convocatoria
  • Modelo de solicitude en pdf
  • Modelo de solicitude editable en word
  • Instrucións para presentar a solicitude

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...