HomeDeportesVIII Campus de Voleibol en Monforte do 23 ao 27 de agosto

VIII Campus de Voleibol en Monforte do 23 ao 27 de agosto

O Club Voleibol Ribeira Sacra organiza o VIII Campus de Voleibol do 23 ao 27 de agosto en horario 10:00 h a 14:00 h para nenos e nenas a partir de 7 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os participantes na actividade recibirán unha camiseta do campus. Con motivo da situación sanitaria as prazas son limitadas. Cóntase con 60 prazas en grupos burbulla de 15 nenos/ as por adestrador/a.

Seguirase protocolo Covid19 tomando a temperatura á entrada do pavillón, desinfectaranse as mans e calquera material que poida ser compartido como os balóns.

O Campus será impartido polas adestradoras, Yoraxy Meleán, Laida Alvarado, Noelia Dacosta, Maite e as xuvenís María Rodríguez e Raquel Rodríguez.

O ano pasado debido a un gromo que houbo en agosto na cidade do Cabe, o Concello suspendeu toda actividade deportiva nesas datas, desde o Club Voleibol Ribeira Sacra agardan que este ano póidanse celebrar.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...