HomeDeportesSetembro de xornadas de portas abertas no C.V. Ribeira Sacra

Setembro de xornadas de portas abertas no C.V. Ribeira Sacra

O Club Voleibol Ribeira Sacra celebra durante o mes de setembro unhas xornadas de portas abertas para os cativos a partir de 7 anos que queiran coñecer o voleibol.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas de portas abertas desenvólvense ata o 24 de setembro no pavillón da Pinguela de Monforte. As actividades son de balde.

A categoría benxamín e alevín terá citas os martes e xoves de 17.00 a 18.30. A categoría infantil citarase nesas mesas xornadas e horarios e cadete e xuvenil será os mates de 18.30 A 19.45 e os xoves de 18.30 a 20.00.

Tómanse as medidas necesarias para a Covid19 e garantir con seguridade cumprir os obxectivos destes talleres que son fomentar a diversión, constancia, motivación, ilusión e superación nun deporte con gran traxectoria na cidade do Cabe. Para máis información no correo info@cvribeirasacra.es e 626 67 24 35.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...