HomeDeportesVideomarcador deportivo Led para o pavillón polideportivo da Pinguela

Videomarcador deportivo Led para o pavillón polideportivo da Pinguela

No Pavillón Polideportivo da Pinguela, que se ubica na estrada de Sober, adestran e compiten diversos clubes da cidade e alberga eventos deportivos de diversas modalidades como taekwondo, ximnasia rítmica e voleibol. Dispútase a liga local de fútbol sala e lévanse a cabo as actividades do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte cada ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde salientou que “con esta novo videomarcador, que substituirá á anterior instalación, un marcador tradicional composto por díxitos de bombilla, o Pavillón municipal de A Pinguela, que é unha das infraestruturas deportivas máis importantes da cidade, contará dende agora cunha ferramenta esencial para o desenvolvemento de todo tipo de eventos deportivos, e tamén facilitará os adestramentos e competicións dos equipos monfortinos que habitualmente usan estas instalacións, como o Club Voleibol Ribeira Sacra, o Club Korbis ou o Club de Ximnasia Rítmica Quicela, así como as actividades dos centros educativos da cidade”.

Esta Pantalla Led, que ten unhas dimensións de 10 m2 (4 x 2,5 m.),  poderá utilizarse como marcador electrónico multideporte, como pantalla publicitaria ou como soporte audiovisual para calquera evento deportivo ou non deportivo, “polo que permitirá darlle un valor engadido ó pavillón de A Pinguela”. O prezo de adxudicación foi de 27.163,11 € ive engadido.

“Coa adquisición deste novo videomarcador de última xeración, que sen dúbida reforzará os servizos que ofertamos no pavillón de A Pinguela, dende o Equipo de Goberno seguimos a mellorar as infraestruturas deportivas da nosa cidade. Cabe recordar que nos pasados meses reformamos a instalación eléctrica deste pavillón,  e dotamos dunha nova iluminación o Campo municipal de A Pinguela, cunha inversión total de case 110.000 euros”.

O Alcalde, concluíu salientando que “o meu compromiso como Alcalde e o do Equipo de Goberno co deporte monfortino, cos seus deportistas e cos clubes é firme, e seguiremos traballando para mellorar e potenciar as infraestruturas municipais destinas á práctica deportiva no noso Concello”.

ÚLTIMAS

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun...

O BNG esixe ao Goberno manter o tren das 23:00h entre Ourense-Monforte-Lugo

O BNG advirte de que a supresión deste servizo supón un novo recorte nas...

IX Xornada Castañeira nos Anguieiros, Quiroga, este 1 de novembro

O sábado, 1 de novembro, a partir das 17:00h celebrarase un obradoiro de elaboración...

O PP pedirá explicacións no Congreso pola supresión da praza de carteiro en Ribas de Sil

A voceira popular, Sandra Macía, condena a perda de servizos no municipio “sen que...