HomeDeportesEfrén Castro pon en valor Sarria na presentación da volta “O Gran...

Efrén Castro pon en valor Sarria na presentación da volta “O Gran Camiño”

Sarria acollerá a cuarta e última etapa da ronda galega, unha contrarreloxo de 15,9 quilómetros e 240 metros de desnivel que trascorrerá integramente polo concello Sarria, cuns primeiros quilómetros por estradas secundarias, coindicindo durante algúns tramos co Camiño de Santiago, e final no casco antigo da vila, na Rúa do Castelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Deportes, Efrén Castro, participou na presentación do volta profesional a Galiza “O Gran Camiño”, que se celebrou no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura. A cita pretende recuperar un espazo propio para o ciclismo profesional galego no calendario internacional.

Na súa intervención, Efrén Castro sinalou que Sarria xunto todos os ingredientes para acoller o desenlace dunha proba como o Gran Camiño, pola forte paixón que sente a veciñanza polos deportes, en especial polo ciclismo, e por estar situado en pleno Camiño de Santiago.

Grazas ao Camiño, “Sarria está no seu día a día habitada por un crisol de culturas e  nacionalidades de todo o mundo, exactamente igual que un pelotón UCI” polo que, valorou, “os sarriaos e sarriás estaremos encantados de acoller tanto os equipos participantes como a todas as persoas que se queiran achegar a desfrutar do desenlace desta competición”.

“A rodaxe das bicicletas sumarase aos millóns de pegadas que foron deixando os peregrinos e peregrinas ao longo da historia”, dixo para concluír convidando a todas as afeccionadas e afeccionados ao deporte a desfrutar do patrimonio, da historia, da hospitalidade e da natureza” en Sarria.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...