HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos

Fin de semana do CB Val de Lemos

As categorías benxamín, cadete e senior do C.B. Val de Lemos gañan nos partidos da Copa Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Benxamín: CB Val de Lemos 60-9 Bosco Salesianos, Primeiro encontro da Copa Deputación e primeira victoria para os monfortinos, que dominaron o partido dende o comezo ante un combativo rival.

Alevín: Barco 69-35 CB Val de Lemos, Derrota no derradeiro partido de liga para o equipo monfortino, que agora ten por diante a competición copeira para seguir medrando e mellorando como ven demostrando nesta tempada.

Infantil: Compañía de María 59-45 CB Val de Lemos, Comezaba a fase de ascenso para o infantil visitando Santiago ante o campión zonal. Non foi o mellor partido dos monfortinos no que vai de tempada, pero aínda así, e a pesares de verse vinte abaixo no marcador, o equipo seguiu a competir para pelexar por un triunfo final que foi para os santiagueses.

Cadete: Maristas 49-51 CB Val de Lemos, Segundo partido da Copa Deputación para o equipo cadete e segunda victoria consecutiva. Partido moi igualado, na que o bo xogo interior e o dominio no rebote ofensivo dos monfortinos foron determinantes para levar o triunfo.

Senior: AB Xinzo 47-50 Abrente Val de Lemos, O equipo senior sumou un novo triunfo copeiro na súa visita a Xinzo, nun encontro no que os monfortinos non estiveron atinados de cara ó aro, pero que grazas á súa intensidade defensiva e a súa competividade ata o derradeiro instante conseguiron a victoria ante un gran rival.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...