InicioDeportes9 medallas de ouro para o Quixós no Campionato de España do...

9 medallas de ouro para o Quixós no Campionato de España do Barco

A nivel colectivo o club de piragüismo de Monforte quedou terceiro e no apartado de xóvenes promesas, segundo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os resultados do Club de Piragüismo Quixós no Barco esta fin de semana son para enmarcar. Celebrábase o Campionato de España e o equipo sumou un total de 9 medallas de ouro, o que significa que outros tantos e tandas deportistas poden presumir de ser campións e campioas nacionais.

Tras a xornada do sábado 14 de maio, a expedición regresaba a Monforte con 5 títulos e este domingo, nunha segunda viaxe e xornada de competición no Barco acadaban 4 títulos máis. A nivel colectivo quedaron terceiros e segundos no apartado de xóvenes promesas.

Nesta xornada os 5 deportistas que resultaron campións de España foron: Noa Díaz en C-1 cadete, Efrén Álvarez en C-1 cadete, Sara Inés Varela e Diego Expósito en K-1 infantil B e infantil A, respectivamente, e Priscila Serafín en K-1 veterán.

Pero non só hai que falar de ouros, cómpre sinalar que a maiores do comentado Jacobo acadou unha prata e un bronce, Noa e Nerea dous bronces, dúas pratas foron para Efren e Mara e un bronce para a parella formada por Gabriel e Claudio.

Como anécdota comentar que Iván e Carlos Serafín, que competían na modalidade de C-2 senior, tiveron unha incidencia. Carlos rompeu a pá nunha das manobras e rematou a proba axudándose dun pau que atoparon no río.

Na xornada do domingo 15 de maio, peche da competición, catro foron os títulos nacionais acadados. Noa Díaz volveu triunfar, neste caso con dous ouros, en C-1 e K-1 cadete; Efrén Álvarez levouno en C-1 cadete; e rematando a xeira, Priscila Serafín en K-1veterán.

As outras medallas que chegaron a Monforte foron unha prata para Nerea, Jacobo acadou dúas, unha prata e un bronce, Claudio unha de prata e o veterán Carlos Serafín unha de bronce.

Trofeos para o Quixós. Foto: Santi D.

Os monfortinos Manu Freire e Marcos González, baixo a disciplina do Club Fluvial O Barco, colleitaron tamén uns grandes resultados; salientar de Freire o seu 2º posto en C-1 Clásica, o seu ouro en C-1 e o bronce en K-1 na modalidade de Sprint. Pola súa banda, Marcos González foi campión en patrullas e 5º en K-1.

ÚLTIMAS

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...