HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos

Fin de semana do CB Val de Lemos

A xornada para o CB Val de Lemos comezou o sábado cos partidos do alevín e o senior correspondentes á Copa Deputación e para o infantil na fase de ascenso. A xornada rematou o martes, cos partidos do cadete e a concentración en Allariz para o babybasket.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alevín: Barco 73 – 56 CB Val de Lemos, Primeiro partido de copa para o alevín, que xogou un bo partido e aguantou o ritmo dun rival superior físicamente ata o derradeiro cuarto, no que as forzas flaquearon, o que lle permitiu ó rival distanciarse no marcador e conseguir a victoria.

Senior: Abrente Val de Lemos 74 – 53 Barco, Terceiro triunfo consecutivo para o equipo senior na copa ante un combativo Barco. Os monfortinos dominaron o partido salvo no terceiro cuarto, no que o equipo visitante saíu moi acertado dende a liña de tres e reduciu a desventaxa. Tras axustar a estratexia no tempo morto, o equipo volveu a aumentar a distancia para asegurar a victoria.

Infantil: CB Val de Lemos 53 – 35 Compañía de María, Primeiro triunfo para os monfortinos na fase de ascenso ante un difícil rival que os derrotara na xornada pasada. Dous primeiros cuartos igualados, nos que os monfortinos non terminaban de encontrar un xogo fluído. O paso polos vestiarios sentoulle mellor ó equipo, xa que os axustes e o aumento da intensidade defensiva fixeron que os locais se escaparan no marcador, ventaxa que non deixaron escapar, senon que a foron aumentado ata a fin do encontro.

Cadete: CB Val de Lemos 68 – 36 Maside, Terceira victoria que significa a clasificación para as semifinais da copa para o equipo cadete. Un parcial de 26-0 de saída foi determinante para o triunfo dos monfortinos, que xogaron a un gran nivel e defenderon ben a ventaxa colleitada. Gran progresión tamén a que está a ter o equipo.

Babybasket, Os máis cativos do clube desprazáronse ata Allariz, onde se celebrou a derradeira concentración da tempada. Foi outra gran xornada para eles, na que xogaron dous partidos ante Xinzo e Verín (nesta categoría non hai marcador), e nos que puidemos ver as súas caras de ledicia mentres gozaban do seu deporte favorito. Ó rematar foron agasallados cun libro e unha merenda por parte da organización, que correu a cargo do C.B. Allariz e a Federación Galega de Baloncesto.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...