HomeDeportesDez medallas e segundo posto por equipos para os máis pequenos do...

Dez medallas e segundo posto por equipos para os máis pequenos do Quixós

Competían este domingo 29 de maio en Ponteareas, na Copa Galega Promoción Slalom.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O río Tea foi escenario dunha competición autonómica na que participaron varios clubs de piragüismo de Galicia nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

O Club Quixós de Monforte non podía faltar á cita e alí se presentou coas promesas, a maioría xa con traxectoria competitiva pero tamén con outras e outros padeeiras/os que se estreaban nunha proba oficial.

Facendo balance, a satisfacción era máxima polo rendemento ofrecido e polos resultados acadados. Dez medallas que foron para Monforte e un segundo posto por equipos, detrás do Club Tea de Piragüismo.

Un padeeiro do Quixós facendo o slalom. Foto: M.M.

MEDALLEIRO

Acadaron o ouro: Mateo, en K1 prebenxamín; Abril, en K1 benxamín; Xoel, en K1 benxamín; Edgar, en K1 alevín; Sara, en K1 infantil; e Martín en K1 infantil.

Antón, quedouse cunha prata en K1 benxamín, e tres foron os bronces: Rodrigo, en K1 benxamín; Edgar, en C1 alevín e Sara, en C1 infantil.

Como curiosidade, comentar que na categoría K1 benxamín masculino o podium completárono tres rapaces do Quixós.

Podium K1 Benxamín rapaces. Foto: M.M.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...