HomeDeportes8 medallas para o Korbis no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

8 medallas para o Korbis no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

O Korbis finaliza unha tempada espectacular con vitorias en 3 ligas galegas (infantil masculina e feminina e senior feminina), 2 campionatos galegos (infantís) e a participación de 5 equipos do Korbis en campionatos de españa (infantil masculino e feminino, cadete masculino, xuvenil feminino e benxamín femenino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta primeira fin de semana de xullo disputouse en Valladolid o Campionato de España de seleccións autonómicas. Para este evento a Federación Galega convocou a de 15 deportistas do Club
Korbis,
sendo o club da comunidade con máis convocados e o único que achega deportistas a todas as seleccións galegas.

Os deportistas convocados foron: Daniel Pena, Daniel López, Manuel Fernández, Borja Cota e Izan Rodríguez (infantil masculino); Aroa Pérez, Valeria García, Jessica Pérez, Lucía Alba e María Suárez (infantil feminino); Germán Álvarez e Luís Antonio Cota (cadete masculino) e Jessica Goyanes (cadete feminino); e como seleccionadores; Miguel Angel de la Gama do equipo infantil masculino e Roberto Castro do infantil feminino.

A selección cadete masculino logrou a medalla de prata despois dunha final igualadísima fronte ao combinado canario que finalizou 3 sets a 1. Tras unha primeira fase complicada con vitoria ante Aragón e derrota con Cataluña por un axustado 3-2 o combinado galego derrotou en cuartos de final a Aragón e tivo que enfrontarse en semifinais a unha das claras favoritas como era a selección andaluza. Nun partido cardíaco e tras varios puntos de partido Galicia venceu no quinto set por 19-17.

Cadetes korbis / Korbis

O equipo infantil masculino realizou un torneo inmaculado a pesar de ser un dos equipos con menos altura de todos os participantes. Os mozos dirixidos por Miguel Angel de la Gama venceron por 3 a 0 en todos os seus partidos: Aragón e Asturias na fase previa; Murcia en cuartos de final e Estremadura no partido pola medalla de bronce. A única derrota chegou en semifinais ante a selección da Comunidad de Madrid, que ao cabo sería a campioa do torneo, nun partido de infarto que se decidiu no quinto set por 15-11. Hai que destacar o excelente nivel de xogo despregado por estes pequenos xogadores.

Infantil korbis / Korbis

As seleccións femininas finalizaron en sexta posición despois dun torneo con altibaixos. As infantís vencían na fase de grupos a Aragón e Murcia e caían derrotadas ante Andalucía. Esta derrota levoulles a un cruzamento moi complicado ante a comunidade Valenciana con quen caeron por 3 a 1. Na loita polo quinto posto vitoria por 3 a 1 ante Canarias e derrota con polémica ante a Comunidad de Madrid por 3 sets a 2. As cadetes encadradas nun grupo moi complicado lograron a primeira posición tras vencer a Canarias e Cantabria e caer por 3 a 2 con Baleares. En cuartos de final partido agónico ante a C. Valenciana que se decidiu no tie break con derrota por 15-8. Na semifinal polo quinto posto vitoria ante Castela a Mancha e nova derrota ante Baleares para finalizar sexta clasificada.

ÚLTIMAS

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...