HomeDeportes3 quilómetros verticais Cumes do Courel a terceira fin de semana de...

3 quilómetros verticais Cumes do Courel a terceira fin de semana de agosto

As probas disputaranse en Moreda e Ferreirós de Abaixo no Concello Folgoso do Courel, Xeoparque Montañas do Courel. Con 110 rexistrados de diferentes puntos de España e coa presenza dos mellores especialistas en carreiras verticais de Galicia, María Ferreiro e Borja Varela tentarán revalidar a súa vitoria do ano anterior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os días 20 e 21 de agosto celebrarase a 4ª edición dos Quilómetros Verticais Cumes do Courel organizada polo Concello Folgoso do Courel e Montouto Club de Montaña. A proba cunha gran novidade para este ano: o Quilómetro Vertical Formigueiros do sábado día 20 ás 16 horas será por primeira vez Campionato Galego Individual e por clubs de Carreiras Verticais da F.G.M. (Federación Galega de Montañismo).

O sábado 20 ás 16:00 horas farán a saída os participantes do QV Formigueiros ( 3.9 km e 950 de desnivel positivo) e ás 21:30 horas volverán colocarse na liña de saída para o QV Coto (2 km e 500 de desnivel positivo). Como colofón final á fin de semana, o domingo 21 ás 10:00 horas QV Penaboa (4.6 km e 960 de desnivel positivo).

Quilómetros Verticais Cumes do Courel / concello Folgoso do Courel

A  primeira e o primeiro clasificado con licenza FGM do ano en curso do QV Formigueiros farase co título de Campión Galego de Carreira Vertical. Os Clubs con federados en FGM poderán disputar o título de Campionato Galego de Carreira Vertical de Clubs.

Como parte dos eventos da fin de semana, a organización ofrécenos tres rutas de sendeirismo con saídas o sábado ás 15:00 horas e ás 20:30 horas e o domingo ás 09:00 horas. Todas elas son guiadas e de dificultade alta. As inscricións permanecerán abertas ata o día 14 e pódese consultar toda a información e horarios na web www.quirogatrail.es  

ÚLTIMAS

700.000€ para reforzar a calidade da subministración eléctrica na comarca de Sarria

Estas melloras beneficiarán aos veciños dos concellos do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Sarria...

As obras na rúa Cardenal de Monforte e como afectan ao comercio

O Grupo Municipal do PP de Monforte asegura ante as obras na rúa Cardenal...

Polamiúda organiza este 22 de marzo en Chantada a palestra “Padroado de Protección á Muller. Control e represión institucional (1941-1985)”

O padroado de Protección á Muller foi una institución creada no franquismo e pechada...

Opinión: O perdón

Existe en toda alma unha sensación de chamada, un sentimento profundo de anhelo, que...