HomeDeportesBóveda adxudica a construción dunha pista multideporte no CEIP Rosalía de Castro

Bóveda adxudica a construción dunha pista multideporte no CEIP Rosalía de Castro

O Concello de Bóveda vén de adxudicarlle á empresa Sport Equipalia SLU o contrato de obras de execución dunha pista multideporte no centro educativo CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro por un importe de 79.858 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación conta cunha subvención da Xunta destinada a entidades locais para actuacións de adecuación das pistas multideportes nos centros de educación infantil e primaria e nos centros públicos integrados non universitarios. O Goberno galego faise cargo do 85% do custo total das obras.

A instalación proxéctase dentro do recinto educativo, nunha superficie verde moi ampla onde os nenos e nenas do colexio saen xogar en horario lectivo.

Este proxecto de construción dunha pista multideporte enmárcase dentro do obxectivo do Concello de Bóveda de avanzar na mellora das instalacións deportivas de cara a promover unha vida saudable entre os alumnos do centro, así como entre outros posibles usuarios do Concello, sendo á súa vez estes espazos zonas de convivencia veciñal tanto entre adultos, como entre nenos.

Con esta actuación preténdese converter ao centro educativo nun espazo polifuncional no que se poidan practicar polo menos cinco deportes, permitindo un uso polivalente dentro e fóra do horario escolar. As obras terán un prazo de execución de dous meses.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...