Esta semana abríase o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2022-2023. A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):
Actividades para nenos e nenas:
- Golf
 - Pádel
 - Kung Fu
 - Zumba infantil
 
Actividades para adultos:
- Ximnasia de mantemento
 - Tai Chi
 - Ioga
 - Zumba
 
A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2022 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2023, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa. O prazo de solicitudes estará aberto ata o 23 de setembro. Entre o luns 26 e o venres 30 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades.
O número total de prazas ofertadas dentro do programa de escolas deportivas é de 283 repartidas do seguinte xeito:
Actividades para nenos e nenas:
- Golf: 18 prazas
 - Pádel: 30 prazas
 - Kung Fu: 15 prazas
 - Zumba infantil: 20 prazas
 
Actividades para adultos/as:
- Ximnasia de mantemento: 80 prazas
 - Tai Chi: 40 prazas
 - Ioga: 60 prazas
 - Zumba: 20 prazas
 

Cursos de natación
Na piscina climatizada ofértanse 220 prazas repartidas en 22 grupos. Os cursos de natación organízanse en tres trimestres e darán comezo a principios de outubro. Os cursos ofertados son: Bebés: a partir de 6 meses (3 grupos), Infantil: a partir de 3 anos (6 grupos), Nenos/as: a partir de 6 anos (5 grupos), Adultos/as: a partir de 13 anos (6 grupos)
Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana, de 45 minutos cada unha. Tamén se van a ofertar 2 grupos de ximnasia acuática cunha carga horaria semanal de 2 clases de 45 minutos. Todas as persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que se ofertan na Piscina municipal poderano facer a partir das seguintes datas:
- Socios/as da piscina: a partir do 19 de setembro
 - Non socios/as da piscina: a partir do 22 de setembro
 
Todas as persoas interesadas en recibir máis información sobre os cursos ofertadas no piscina poderano facer acudindo ao propio centro ou a través do tfno. 982 402 646 ou do correo electrónico piscina.monforte@tragsa.es

                                    