HomeDeportesQuixós volve de Mondariz con catro 'campións galegos'

Quixós volve de Mondariz con catro ‘campións galegos’

Este domingo 25 de setembro tivo lugar o 'Campionato Galego de Promoción Slalom', competición que pecha a tempada. O club monfortino ademais dos 4 campións de Galicia, acadou 10 medallas en total e o segundo posto por equipos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta mañá, a praia fluvial do Val, en Mondariz, era testemuña da última competición da tempada celebrándose o ‘Campionato Galego de Promoción Slalom’.

O Val en Mondariz / XdL

O Club Quixós chegaba cunha abondante expedición e malia a dificultade da auga, moi dura; do aire, que movía as portas; e unha canle do río moi baixa obtivo uns moi bos resultados. En total viñeron para Monforte 10 medallas e un segundo posto por equipos detrás do Club Tea Mondariz, equipo anfitrión. Desas medallas, 4 foron de ouro, o que lle outorga ao club o mérito de acabar a tempada cunha campioa e tres campións galegos: Sara, Edgard, Mateo e Xoel.

MEDALLEIRO

Sara acadou ouro en C-1 e prata en K-1 infantil; Martín Prats foi prata en K-1 e C-1 respectivamente; Xoel Fernández foi ouro en K-1 benxamín; Mateo Valladares ouro tamén en categoría K-1 prebenxamín; Abril, prata en K-1 benxamín; Edgard, ouro en K-1 alevín; África foi prata en K-1 alevín; e Antón Liñares, prata tamén en K-1 benxamín.

Primeira praza de Sara en C-1 infantil / XdL
Ouro de Xoel e prata de Antón en K-1 benxamín / XdL
Ouro de Mateo Valladares en K-1 prebenxamín / XdL
Edgard, ouro en K-1 alevín / XdL

Ademais das medallas cómpre salientar bos resultados de novos e novas padeeiros/as que levan unha gran progresión como Manuel Rodríguez, que foi cuarto en K-1 prebenxamín; África cuarta en C-1 alevín; Esteban Podeur, cuarto en K-1 infantil; e Lucas Pavón, quinto en K-1 infantil.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...