InicioDeportesO Rally San Froilán terá un treito entre O Páramo e Goián

O Rally San Froilán terá un treito entre O Páramo e Goián

O pasado 12 de outubro fíxose unha presentación na Praza da Vila, en Sarria, como previo da proba. O acto, no que estivo o deputado provincial Efrén Castro e que reuniu a varios dos pilotos que correrán o rally, confirmou o interese e expectación que esperta esta proba na comarca de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado de Deportes Efrén Castro, presente nun acto previo a unha proba do Rally San Froilán, e que tivo lugar o mércores 12 de outubro na praza da Vila de Sarria, valorou “a expectación que experta na comarca de Sarria o Rally San Froilán que, por segundo ano consecutivo, o vindeiro sábado volverá percorrer as estradas da comarca, cun tramo entre O Páramo e Goián”.  O acto reuniu a varios pilotos que correrán o rally.

Ademais de seguir as dúas pasadas do tramo entre O Páramo e Goián,  con saídas previstas para as 18.19 horas  e 21.25 horas, os afeccionados e afeccionadas poderán vivir de preto a loxística do rally no parque de reagrupamento que se ubicará na rúa Calvo Sotelo. Efrén Castro convidou a “disfrutar un ano máis do Rally San Froilán, que está detrás da gran afección ao rally que hai en Sarria, xa que moitos pilotos da comarca medraron vendo o tramo de Goián, que recuperamos o ano pasado, despois de varios sen disputarse”.

Praza da Vila de Sarria. Acto previo de presentación antes dunha proba que transcorrerá pola comarca de Sarria. Foto: Prensa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

APOIO DENDE A VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é un ano máis a principal patrocinadora do Rally San Froilán, cunha achega de 30.000 euros.

A proba, que se disputará o vindeiro sábado 15 de outubro, chega á 44 edición cunha cifra de inscritos récord para unha proba automobilística en Galiza no que vai de ano –134 pilotos– e co aliciente de poñer en xogo  puntos decisivos para o Campionato Galego de Rally. Cómpre salientar a presenza de pilotos como Víctor Senra, Alberto Meira, Francisco Dorado, Adrián Díaz ou Alberto Otero. 

O Rally San Froilán conta con cinco tramos. Ademais do tramo O Páramo-Goián, que pechará a proba, a carreira inclúe tramos nos concellos de Outeiro de Rei, O Corgo, Pol e Guntín.

ÚLTIMAS

Convócase o concurso do cartel da XLIV Feira do Viño de Amandi con 700€ de premio

Poderá participar calquera persoa interesada con traballos en formato A3 e técnica libre. Presentaranse...

Este 5 de decembro arrinca en Sarria o “Tapicheo 23”

A primeira ruta confórmana Restaurante Camping Vila de Sarria, Mesón O Castro, Adarve e...

O Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo Iglesias no Dakar

O piloto Eduardo Iglesias volverá competir no Rally máis duro do mundo e farao...

Que pasa no centro de saúde de Chantada?

O Concello de Chantada acordaba, no pleno celebrado en setembro, que o alcalde, Manuel...