HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos cos senior estreando victoria

Fin de semana do CB Val de Lemos cos senior estreando victoria

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alevín: CB Val de Lemos 56-31 Celanova, segundo triunfo consecutivo dos rapaces e rapazas de Verónica Arias, que xogaron un partido moi completo de principio á fin para vencer a un bo rival.

Infantil Masculino: CB Val de Lemos 10-60 Depordima, os rapaces de José Sobrino seguen sumando experiencia e pese á derrota ante o líder, deixaron boas xogadas e loitaron todo o partido ante un rival máis experimentado e físicamente superior.

Infantil Feminino: Berso Val de Lemos 18 – 66 Depordima, debut na casa para as rapazas de Sobrino. Ó igual que os seus compañeiros do equipo masculino, máis minutos de experiencia para seguir traballando e mellorando. Pese á derrota, vimos moita entrega e boas canastas por parte das monfortinas.

Cadete: CB Val de Lemos 50 – 41 Depordima, un mal comezo fixo perigar as opcións de triunfo para o equipo dirixido por Marga. Pero pese a verse moito tempo abaixo no marcador, os monfortinos non baixaron os brazos e cun gran traballo en defensa e máis acerto en ataque, foron recortando diferencias ata poñerse por diante para levar a victoria no derradeiro cuarto.

Senior: Depordima 50 – 78 Abrente Val de Lemos, o equipo dirixido por Sanchino conseguiu estrear o casilleiro de victorias nesta terceira xornada. Foi a domicilio e cun gran partido de todo o equipo, boa defensa e acerto no ataque que lle permitiron os monfortinos ir aumentando a ventaxa no marcador ata a victoria final.

Alevín / CB Val de Lemos

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...