HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos con contundente vitoria do...

Fin de semana do CB Val de Lemos con contundente vitoria do cadete

Esta fin de semana o equipo senior tivo xornada de descanso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo junior visitou a Blanco Amor o xoves. O equipo comezou moi ben o encontro e pese ós intentos dos ourensáns por evitalo, a victoria veu para Monforte (40-56).

O sábado pola mañá foi o turno para os equipos benxamín e alevín, que visitaban a sempre complicada cancha de Maristas.O equipo benxamín loitou ata o final pero Maristas fixo valer a súa superioridade física e cun bon xogo levou a victoria (57-37). Na categoría alevín viuse un moi bon encontro de baloncesto, moi igualado, que se decidiu nos intres finais a favor dos monfortinos por 57-64.

Xa pola tarde, o infantil feminino, moi mermado polas baixas, visitaba a Bosco, que demostrou a súa superioridade. Pese á derrota, as monfortinas non baixaron os brazos en ningún momento.

Tamén de tarde, o equipo cadete viaxaba ó Barco para tratar de manter a súa gran dinámica de xogo e de resultados. E conseguiuno grazas a unha gran labor defensiva que lle permitiu coller unha cómoda ventaxa inicial, e que se foi incrementando ata conseguir a victoria por 26-74.

Para o domingo quedou a visita do infantil masculino á cancha de Blanco Amor, que ocupa os postos altos da liga e así o demostrou. Pese á derrota, o equipo vai mostrando melloría e unha gran entrega en cada encontro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...