HomeDeportes3 nadadores do C.N. Monforte no Campionato de España

3 nadadores do C.N. Monforte no Campionato de España

Despois da 2ª Xornada da liga Galega de Clubs disputada en Monforte a pasada fin de semana, o CN Monforte asegura a súa participación nos Campionatos de España Infantil e Junior de Primavera e Verán con 3 nadadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Andrea Gudín refrendou unha das súas mínimas, a da 50 Braza cun excelente rexistro para o Campionato de España Infantil. Pola súa banda Javier Pontón realizou a de 100 Libres para os Campionatos de España de Primavera e Verán Junior e Odei Arias a de 100 Costas para o Campionato de España Junior de Verán. Estas mínimas sumadas a outras anteriormente realizadas, fan que a representación monfortina sexa moi importante nos campionatos principais da tempada.      

Ademais, Javier Pontón foi seleccionado pola Federación Galega para formar parte do equipo que competirá no XI Campionato de España por Federacións territoriais que se celebrará en Torrevieja os días 10 ao 12 de febreiro, nadando 50 e 100 Libres e posiblemente formando parte dos equipos de substitucións.       

En canto aos máis pequenos, Martín Prats, do ano 2009, asistiu á primeira xornada do GES (Grupo Especial de Seguimento) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, para comprobar a súa evolución xunto cos mellores nadadores galegos da categoría alevín.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...