HomeDeportes1ª etapa do Gran Camiño, este día 23 polo sur de Lugo

1ª etapa do Gran Camiño, este día 23 polo sur de Lugo

O deputado de Deportes, Efrén Castro, e Ezequiel Mosquera, organizador do Gran Camiño visitaron o percorrido da primeira etapa desta volta ciclista profesional a Galiza, que se celebrará o xoves 23 de febreiro co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pelotón, con máis dun cento de corredores dos mellores equipos internacionais, partirá de Lugo cunha volta simbólica á Muralla, e pasará por Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada, O Saviñao, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Incio ou Samos, para rematar en Sarria, que acolle por segundo ano consecutivo a meta da proba.

En Taboada, Efrén Castro valorou “o paso dos ciclistas por distintas localidades, comezando no centro histórico de Lugo, e pasando polas rúas de vilas como Portomarín, Taboada, Chantada, Escairón, Monforte, Bóveda, A Cruz do Incio, Samos e Sarria” e convidou “á veciñanza a aproveitar a ocasión para desfrutar en vivo do espéctaculo do ciclismo”.

O Gran Camiño mobilizará máis de 700 persoas entre corredores, membros dos diferentes equipos e persoal da organización. A proba, que continuará nos tres días con etapas nas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña, retransmitirase en Eurosport e na TVG.

No concello de Sarria, final da etapa, desde este mércores pecharase ao tráfico a Rúa da Liberdade desde o cruce da Ciguñeira ata a glorieta de Samos e prohibirase o estacionamento neste treito. Tamén desde mañá impedirase o aparcamento en todo o recinto do Campo do Río.

Xa na xornada do xoves, desde as 6.00 horas ata o remate da proba cortarase a Avenida de Becerrá, a Rúa Diego Pazos e, na Rúa da Liberdade, tamén o primeiro tramo desde o Bulevar ata a interseción da Rúa Poulas. Ademais, desde ás 13.00 ata as 14.30 horas restrinxirase a circulación na rúa Benigno Quiroga. Adicionalmente, por razóns de seguridade do tráfico e da propia proba ciclista, o
xoves tamén se curtarán as vías que dan acceso ás anteriormente sinaladas.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...