HomeDeportesO Club Quixós remata unha finde exitosa en Ourense

O Club Quixós remata unha finde exitosa en Ourense

Este sábado e domingo participaba no Miño, ao seu paso por Ourense, no “I Slálom Olímpico Acea de Oira” que organizaba o Club Piragüismo Ourense xunto coa Federación Galega de Piragüismo.

Publicado o

- Advertisement -

A expedición do Club Quixós viaxou esta fin de semana ata Ourense para competir no ‘I Slálom Olímpico Acea de Oira’ en augas do Miño e cun trazado bastante longo que presentaba certa dificultade dada a corrente e o número de portas que incorporaba.

O sábado tivo lugar a 2ª Copa Novas Promesas, competición na que o Club Quixós rematou segundo por equipos.

Na categoría Infantil destacaron Martín e Sara. Martín foi ouro en K1 e prata en C1, e Sara prata en K1 e bronce en C1. En Cadete salientar a Nerea, que foi bronce en K1; Jacobo, ouro en K1; e Diego, prata en C1 e bronce en K1.

Bronce de Nerea. Foto: Quixós.
Ouro de Jacobo e bronce de Diego en K1. Foto: Quixós.

Este domingo, a expedición do Quixós volvía ás augas do Miño en Ourense para competir na “3ª Copa Slálom Olímpico de Ourense”.

O Club Quixós quedou primeiro, medalla de ouro que alcanzou grazas aos bos resultados que obtiveron os piragüistas desprazados ata Ourense.

En categoría Xuvenil destacaron Ximena, que acadou un ouro en K1 e un bronce en C1; Nerea, bronce en K1; e Efrén que foi prata en K1. Na categoría de Senior, salientar a Gabriel que acadou un bronce en K1, e en Veteráns, Carlos obtivo unha prata e Santi un bronce.

Prata e bronce na categoría de ‘Veteráns’. Foto: Quixós.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...