HomeDeportesMonforte recupera a celebración da Gala do Deporte, premia ao mellor do...

Monforte recupera a celebración da Gala do Deporte, premia ao mellor do deporte e recoñece a históricos

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu na tarde noite deste xoves unha nova edición da Gala do Deporte de Monforte de Lemos, que estivo suspendida durante dous anos pola pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición foron 32 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2022 o que supón unha das edicións con maior número de candidaturas presentadas.

Cun salón de actos ateigado de deportistas e familiares, o acto, conducido por Manola Porto, plasmou a homenaxe e o recoñecemento a diversas persoas e entidades relacionadas co deporte local e que destacaron ó longo do pasado ano 2022.

As/os gañadoras/es e gañadoras da 8ª Gala do Deporte de Monforte foron os seguintes:

  • Mellor deportista absoluto masculino: Daniel Arean Grejs
  • Mellor deportista absoluta feminina: Noa Díaz Quintián
  • Mellor deportista promesa masculino: Diego Expósito Díaz
  • Mellor deportista promesa feminina: Andrea Gudín Pérez
  • Mellor adestrador/a: Miguel Ángel de la Gama Serrano
  • Mellor árbitro/a: Laura Correas Martínez
  • Club máis destacado na promoción do deporte: Club Taekwondo Neka
  • Mellor equipo de categoría absoluta: Club Natación Monforte
  • Mellor equipo de categoría de base: C.B. Val de Lemos Cadete Masculino/Mixto
  • Premio á deportividade e xogo limpo: C.B. Val de Lemos

Fóra de concurso fixéronse os seguintes recoñecementos:

  • Manuel Luís Vázquez Vázquez: recoñecemento polos anos de adicación ó coidado do Pavillón Polideportivo da Pinguela.
  • Mariluz Parada Rodríguez: recoñecemento á súa labor directiva como presidenta do Clube de Fútbol Monforte.
  • Juan Luis Rodríguez Doce: recoñecemento polos anos de dedicación ó fútbol local.

Finalmente, propúxose tamén un recoñecemento a Consuelo Vara Touzón, pola súa labor como pioneira do voleibol local, pero non puido asistir á Gala por problemas de saúde.

Na súa intervención, José Tomé, destacou que “nestes últimos anos, Monforte ten o privilexio de poder disfrutar dunha xeración de grandes deportistas, e afortunadamente a colleita segue medrando, a pesar das dificultades xurdidas nos últimos anos.  Se o deporte posúe valores inherentes coma o esforzo, o sacrificio, a constancia e a superación, sen dúbida estas son valores que os nosos deportistas aplicaron no seu día a día, ó longo destes últimos tempos”, nunha alusión ó período de pandemia.

Por outra banda, o Alcalde incidiu que “dende o Equipo de Goberno puxemos en marcha actuacións de enorme relevancia en instalacións deportivas da nosa cidade, por citar algunha podemos falar dos campos de fútbol ou das obras de reforma integral do pavillón polideportivo de A Pinguela, que suporán unhas novas instalacións deportivas  máis modernas, e máis adecuadas para e eventos deportivos, e sobre todo, máis respectuosas co medio ambiente, algo que cada vez ten máis importancia”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...