HomeDeportesDescenso Urbano Vila de Sarria, os días 29 e 30 de xullo

Descenso Urbano Vila de Sarria, os días 29 e 30 de xullo

O club ciclista DH Galicia, que organiza o evento desde 2012, ultima os preparativos dunha nova edición, con dúas xornadas de espectáculo deportivo nas rúas da vila. O 29 de xullo, a cargo das xeracións máis novas, no Mini DHU Vila de Sarria, e o 30 de xullo, coa proba estrela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O circuíto comeza no campo da feira e cruza centro histórico polo roteiro xacobeo ata O Malecón. Supón a instalación de máis de 100 módulos de madeira cos que se van conformando os elementos do percorrido -saltos sobrevoando un camión ou coches, cortados desde o tellado dunha casa ou desde unha ponte que cruza un río, descenso sobre unha escalinata de pedra, wallrides -, considerado o mellor do Estado por moitos deportistas, público e prensa.

A área de Deportes da Deputación achega 14.000 euros para a organización da proba, a través dun convenio interadministrativo co Concello de Sarria. Efrén Castro valora o traballo que o club vén facendo por dar continuidade a afección por esta modalidade coa escola de ciclismo, unha alternativa de ocio saudable.

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...