HomeDeportesRecepción oficial ao nadador de Bóveda, Javier Pontón

Recepción oficial ao nadador de Bóveda, Javier Pontón

O equipo de Goberno do Concello de Bóveda, presidido polo alcalde, José Manuel Arias, recibiu este mércores ao nadador local, Javier Pontón, quen vén de gañar a medalla de prata no Campionato de España de Natación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Javier Pontón foi tamén o segundo de España do seu ano e bateu o récord galego de 18 anos. Previamente, conseguira seis medallas no campionato galego.

O mozo acudiu ao Concello acompañado do seu irmán, Juan, tamén nadador de éxito, e da súa nai, Natividad Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural na Corporación local.

Desde o concello fíxoselle entrega dunha placa co escudo do Concello de Bóveda “en recoñecemento ao seu esforzo e méritos deportivos”. Desde o concello dánlle moitos parabéns e deséxanlle seguir colleitando premios.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...