HomeDeportesSober inviste 100.000€ en melloras nos campos de fútbol de Centeás e...

Sober inviste 100.000€ en melloras nos campos de fútbol de Centeás e A Carqueixa

O Concello de Sober acomete obras de mellora nos campos de fútbol do municipio nos que xogan o Río Sil e o Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos, que contan con máis de 100.000 euros de presuposto, están financiados con fondos municipais e dúas axudas da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia, unha través da Secretaría Xeral para o Deporte e outra concedida pola Dirección Xeral de Administración Local destinada a aforro enerxético.

Entre as melloras previstas nos dous campos vaise mellorar o terreo de xogo cun tratamento específico para eliminar malas herbas, con escarificado do terreo e sementado. Colocaranse novos bancos para os xogadores e farase a instalación de alumeado LED de última xeración, tanto no exterior como no interior das distintas instalacións. Tamén serán colocadas bombas de calor para substituír os termos eléctricos, o que suporá mellores prestacións e menor consumo.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, destaca que, “trátase dunhas obras necesarias que amosan o compromiso do Goberno local co deporte e cos equipos de fútbol de Sober.”

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...