HomeDeportesHomenaxe ao Club Natación Monforte polos éxitos acadados na tempada 22-23

Homenaxe ao Club Natación Monforte polos éxitos acadados na tempada 22-23

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, homenaxeou este luns ós 21 deportistas e 3 adestradores do Club Natación Monforte, polos excelentes resultados acadados ó longo da tempada 2022-2023, nas diversas participacións tanto en Campionatos de España como de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de recoñecemento, o Alcalde estivo acompañado ademais dos nadadores e nadadoras homenaxeados, polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como familiares e representantes do Club Natación Monforte, encabezados pola súa presidenta, Raquel Escudero Fernández.

Os resultados máis destacados, e polos que foron homenaxeados, foron os seguintes:

Javier Pontón Rodríguez: 

  • Subcampión de España no Campionato de España Absoluto de inverno.
  • Participou no Campionato de España absoluto de verán, celebrado en Málaga,  entre o 26 e o 30 de xullo de 2023.
  • Participou no Campionato de España Júnior de inverno, celebrado en Palma de Mallorca entre o 28 de marzo e o 2 de abril de 2023.
  • Participou no Campionato de España de natación por Federacións territoriais Junior e Infantil, celebrado en Torrevieja do 10 ó 12 de febreiro de 2023.

Andrea Gudín Pérez:

  • Participou no Campionato de España absoluto de verán, celebrado en Málaga,  entre o 26 e o 30 de xullo de 2023.
  • Participou no Campionato de España infantil, celebrado en Sabadell entre o 20 e o 23 de xullo de 2023.
  • Participou no Campionato de España de natación infantil de inverno, celebrado en Xixón entre o 9 e o 12 de marzo de 2023.
  • Participou no Campionato de España de seleccións Autonómicas, en idade escolar.

Odei Arias Franco:

  • Participou no Campionato de España absoluto de verán, celebrado en Málaga,  entre o 26 e o 30 de xullo de 2023.
  • Participou no Campionato de España Júnior de inverno, celebrado en Palma de Mallorca entre o 28 de marzo e o 2 de abril de 2023.

Tamén foron homenaxeados deportistas que participaron en diferentes Campionatos Galegos: Juan Pontón Rodríguez, David Conde Varela,  Hugo López Rodríguez, Santiago Suárez Fernández,  Elena Arias Pacheco, Nahia López Franco, Noel Pereira Martínez, Álvaro Pérez Armesto, Carmen Pérez Armesto, Martín Prats Moreiras, Paula Regueira Moure, Mara Ledo Escudero, Alla Castro de la Fuente, Antía González Losada, Patricia González Blanco, Luis Manuel Pérez Medina, Mauro Rodríguez Vázquez e Alicia López Rodríguez.

José Tomé tamén recoñeceu o traballo de 3 adestradores do Club: Emilio Beltrán Díaz, Emilio Torres Fraile e Javier Arias López.

O acto serviu tamén para homenaxear ó club no seu conxunto coa entrega dun trofeo conmemorativo, e á súa vez o club, entregouselle a Tomé unha nova camiseta oficial da tempada.

ÚLTIMAS

Publícanse as axudas para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra

As persoas que se poderán beneficiar destas axudas serán aquelas viticulturas que estean inscritas...

Éxito do Voleibol e do Atletismo Cross, novidades nas Escolas Deportivas Municipais de Chantada

Nesta edición destaca o éxito de dúas actividades para nenos e nenas, o Voleibol...

O PP de Monforte interesarase no pleno pola “legalización” do Parque do Hospital

Ante esta situación, a voceira popular en Monforte, Katy Varela, explica que no vindeiro...

José Luis Álvarez sobre o 2025: “Teremos finalizada a residencia e teremos un novo centro médico a 50 metros do actual”

O Concello de Pantón remata o ano cunha bandeira colgada do balcón da Casa...