HomeDeportesSarria acolle este 1 de novembro as finais da Copa Deputación

Sarria acolle este 1 de novembro as finais da Copa Deputación

A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo financia a Copa Deputacíon, cunha achega de 20.000 euros que se distribúe entre os 39 equipos participantes, con premios en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 190 e 345 euros).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria acollerá o 1 de novembro as finais da Copa Deputación de Fútbol Sala, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O vicepresidente e deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou o horario dos encontros acompañado por representantes dos equipos finalistas, do club sarriao Os Meigallos FS, do Concello de Sarria e da Federación Galega de Fútbol no pavillón José Mario González, onde se disputarán os partidos.

Efrén Castro felicitou “os equipos finalistas por superar as eliminatorias previas” e convidou “a achegarse a Sarria para ver en directo as finais que poñen o broche a unha competición na que participaron 39 equipos e que ofrece un escaparate e unha fonte de financiamento para os clubs de deporte base e afeccionado”.

Ademais dos premios por participar, os equipos finalistas reciben premios adicionais de 745 e 510 euros, para os equipos campións, e 260 euros, para os equipos subcampións, en función da categoría.

Horarios:

  • 2ª División Masculina. Outeiro de Rei SD “B”-CD Cubelas FS. 16.00 horas.
  • 1ª División Feminina. Burela FS “B” – Ribeira Lieders FS. 18.15 horas.
  • 1ª División Masculina. Ribeira FS – Outeiro de Rei SD. 20.30 horas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...