HomeDeportesFin de semana de Ruta 4x4 Comarca de Sarria con máis 370...

Fin de semana de Ruta 4×4 Comarca de Sarria con máis 370 inscritos

A Xunta de Galicia e a área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación colaboran coa asociación Os Carro x Catro, organizadora desta ruta turística con vehículos 4x4, que terá como punto de referencia Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria será saíde e meta dun percorrido de máis de 100 quilómetros que pasará tamén por Láncara, Baralla, Becerreá, Triacastela e Samos, servindo de escaparate para as paisaxes e recursos turísticos da comarca e xerando unha importante actividade na hostelería e restauración. 

A ruta conta con máis de 370 participantes inscritos con vehículos todoterreo, quads, buggies e motos. Farán un itinerario por contornas naturais de Sarria e doutros municipios da zona. O domingo haberá probas de habilidade no polígono do Morelle e entrega de trofeos.

Venres 17
21.00 – Pinchos de benvida (Terraza O Meigallo).
22.30 – Saída nocturna polos arredores da Vila de Sarria.

Sábado 18
08:00 – Entrega de documentación necesaria e almorzo no parque do Chanto.
(Terraza O Meigallo).
08:30 – Saída da ruta.
14.00 – Xantar no pavillón de Triacastela (Pulpería María y Luís)
19.00 – Fin da ruta.
21.30 – Cea de gala (Restaurante Cinza e Lume).

Domingo 19
09.00 – Almorzo no parque do Chanto (Terraza o Meigallo).
09.30 – Probas de habilidade no polígono de O Morelle.
15.00 – Xantar no parque do Chanto (Terraza O Meigallo).
16.00 – Entrega de trofeos.

Ruta 4×4 Comarca de Sarria / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...