HomeDeportesA segunda etapa do Gran Camiño pasará por Taboada e Chantada o...

A segunda etapa do Gran Camiño pasará por Taboada e Chantada o 23 de febreiro

Taboada e Chantada serán puntos chave da segunda etapa da volta ciclista profesional “O Gran Camiño”, que se disputará o 23 de febreiro e que terá como pano de fondo as ribeiras do Miño, tal como adiantou o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro nun acto celebrado no miradoiro de Ponte Mourulle, en Taboada, xunto ao responsable da organización, Ezequiel Mosquera, e membros do equipo de goberno de Taboada encabezados polo tenente alcalde, José Portela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A volta ciclista profesional “O Gran Camiño”, que por terceiro ano traerá a Galicia algúns dos mellores ciclistas internacionais, amosará ao mundo a Ribeira Sacra lucense, co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Efrén Castro explicou que “a Vicepresidencia da Deputación apoia esta cita desde o inicio, unha colaboración que iniciamos conscientes de que apostabamos por un produto gañador para mostrar o territorio. Tres anos despois, ten un oco no calendario dos mellores equipos e permite que a provincia sexa unha vez ao ano capital do ciclismo mundial”

O vicepresidente da Deputación avanzou que será unha etapa “divertida, nunhas estradas que as grupetas da contorna xa disfrutan, e que o vindeiro 23 de febreiro percorrerán os mellores ciclistas do mundo” e incidiu na proxección internacional que a proba dará a zona, coa retransmisión para máis 170 países a través das pantallas “amosaremos as ribeiras do Miño

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...