HomeDeportesMonforte celebra a XIV Carreira Popular o 28 de abril

Monforte celebra a XIV Carreira Popular o 28 de abril

Dende o ano 2022 o Concello de Monforte conta coa páxina web www.monforte10k.com deseñada especificamente para promocionar e informar sobre a Carreira Popular monfortina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte xa ten data para a celebración da Carreira Popular do ano 2024, será o domingo, 28 de abril. Trátase da edición número 14 deste xa tradicional evento, que encherá de corredores e corredoras as rúas máis céntricas da cidade.

A carreira conta cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano, e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

“Nos vindeiros días, dende o Concello iremos informando convenientemente sobre aspectos relevantes do evento como o inicio das inscricións, o regulamento da proba, protocolos específicos, entre outros aspectos” indicou o alcalde.

Na web www.monforte10k.com poden realizarse as inscricións, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e
vídeos, etc.

ÚLTIMAS

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...