HomeDeportesA cativada do Xeoparque unirase á celebración do X aniversario do Trail...

A cativada do Xeoparque unirase á celebración do X aniversario do Trail de Quiroga

A organización prepara unha carreira para todos os nenos e nenas dos centros educativos do Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O X aniversario do Quiroga Trail Challenge, que se celebrará o 24 de febreiro, terá unha proba orixinal e festiva para os máis pequenos. Para que se sumen a este evento tan importante, e se sintan partícipes do mesmo, a organización ten xa planificada unha carreira para todos os escolares dos tres centros educativos do Xeoparque. 

Baixo o título de “A carreira dos picariños do Xeoparque”, está previsto que participen un total de 210 alumnos e alumnas, de entre 3 e 14 anos, das etapas de educación infantil, educación primaria e educación secundaria, procedentes dos centros dos tres concellos: o CEIP de Quiroga, o CEIP de San Clodio e o CPI Poeta Uxío Novoneyra.

A carreira contará con varias distancias, adaptadas ás diferentes idades dos participantes, e terá lugar no campo de fútbol de Quiroga o día 22 de febreiro, ás 11 da mañá.

En palabras de Blas Rodríguez, impulsor e responsable do Trail, “queremos promover este deporte nos máis pequenos e, ao mesmo tempo, que comecen a sentir o espíritu QTC como algo seu, da súa terra”.

A organización quere agradecer tamén a “absoluta implicación dos tres concellos participantes“: Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel; así coma a colaboración do Xeoparque Mundial da Unesco e do profesorado que aplaudiu a iniciativa desde o primeiro momento.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...