HomeDeportesSe che gusta o motocrós e queres coñecer ao piloto Jorge Prado,...

Se che gusta o motocrós e queres coñecer ao piloto Jorge Prado, participa neste concurso

Os xornais de Lugo, en colaboración co Concello de Lugo, sortean tres entradas dobres (para quen a gañe e un acompañante) para asistir ao Campionato de España de Motocrós no circuíto municipal Jorge Prado de Lugo o 24 e o 25 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

A gran cita galega será a segunda da tempada e constará de competicións nas tres clases superiores do campionato, MX1, MX2 e 125 c.c. Do mesmo xeito que o ano pasado estarán na grella os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional, nun último exame antes de arrincar o Mundial. En 2023, Rubén Fernández subiu ao máis alto do podio por diante de Jorge Prado e Yago Martínez. Esta competencia volverá ser o aliciente da convocatoria, xa que a carreira de Lugo será toda unha homenaxe ao rider lucense, Campión do Mundo de MXGP, que confirmou a súa presenza na pista que leva o seu nome.

Está será a única carreira de pretempada na que participe Prado, quen deberá concentrar a súa pretempada e test técnicos en só mes e medio, unha vez concluída a súa experiencia americana no supercrós. O evento no circuíto lucense servirá para homenaxear o título mundial  e animalo ante o  reto do Mundial 94, no que lucirá o número 1 sobre a súa Gas Gas.

Previsiblemente, a entrega das entradas será este venres no Concello da man de Jorge Prado. Podes participar no sorteo ata este mércores aquí.

ÚLTIMAS

Premio ‘Lugo cambia o turismo lucense’ para o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Pazo de San Marcos acolleu na tarde deste martes 29 de setembro a...

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...