HomeDeportesTaboada-Chantada, segunda etapa do Gran Camiño este 23 de febreiro

Taboada-Chantada, segunda etapa do Gran Camiño este 23 de febreiro

A segunda etapa desta terceira edición do Gran Camiño terá un percorrido de 151 quilómetros, con saída do concello de Taboada e meta en Chantada despois de que o pelotón faga o seu paso por Belesar en dúas ocasións para poder velos pedalear ao carón do Miño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca, “Para nós é unha honra volver a formar parte do escenario desta competición despois da experiencia do pasado ano, e nesta ocasión farémolo como final de etapa. Nunha xornada na que o río Miño acompañará aos ciclistas en case todo o traxecto”.

A realización da proba supón que na vila se produzan alteracións no tráfico e no aparcamento. Na rúa Xoán XXIII, final de etapa, está prohibido aparcar en ambas beiras entre a igrexa nova e a oficina de ABanca, desde as 20:00h do día 22.

O día 23 este treito de Xoán XXIII quedará cortado ao tráfico desde as 7.00h. da mañá. No resto da rúa estará prohibido aparcar desde as 8:00h., quedando a rúa totalmente cortada desde as 14:00. O final de etapa está previsto na rúa Xoán XXIII para as 17:00h. e agárdase ter recuperada a normalidade na circulación a partir das 19:00h.

As modificación no tráfico afectarán tamén ás seguintes rúas:

  • Rúa Emilia Pardo Bazán, rúa cortada e prohibido aparcar desde as 8:00h.
  • Avda de Monforte prohibido aparcar no lado esquerdo desde as 8:00h. entre o ambulatorio e o Bar Penela e desde as 14:00h. entre Muebles Cabezas e Talleres Fornas.
  • Rúa Fontearcada, prohibido aparcar desde as 8.00h e rúa cortada desde as 14:00h.
  • Rúa Antonio Lorenzana, rúa cortada e prohibido aparcar desde as 8:00h
  • Rúa Ángel Gómez Montero, rúa cortada e prohibido aparcar desde as 8:00h
  • Rúa Alameda Xavier Costa Clavel, prohibido aparcar desde as 8:00h, rúa cortada desde as 14:00h.
  • Avda Mariano Cedrón – Praza Catro Camiños, prohibido aparcar desde as 8:00h
  • Rúa Costaña, prohibido aparcar desde as 8:00h

Establéncense como zonas de estacionamento:

  • Alto de San Pedro (Campo da festa de San Pedro)
  • Zona aparcamento cerca de zona de meta (Mercado gandeiro, parking rúa Taboada)
  • Zona de chaira diante da notaría

Percorrido no municipio de Chantada: Ao redor das 16.00h. o pelotón entrará en Chantada pola N-540 e dirixirase a Belesar pola LU-533. Desde Belesar subirá cara San Pedro de Líncora. Despois das 16:20h. entrará en Chantada pola Alameda Xavier Costa para facer un primeiro paso por meta na rúa Xoán XXIII. O pelotón sairá pola Avda de Monforte dirección O Seixo, San Lucas e Sobreira para volver pasar por Belesar e San Pedro de Líncora e chegar á meta pasadas as 17:00h.

“En Chantada contamos con algún dos treitos máis fermosos e emblemáticos do Camiño de Inverno e non podiamos deixar de formar parte dunha competición de tanta relevancia internacional que reivindica a importancia dos Caminos a Santiago. O paso dos ciclistas por Chantada permitirá coñecer a beleza e singularidade da Ribeira Sacra, a xoia da Galicia interior coa súas ribeiras con escaleiras cheas de vides, sempre na compaña dos ríos e dun patrimonio románico de gran beleza”, asegura Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...