HomeDeportesJonas Vingegaard, gañador da segunda etapa de 'O Gran Camiño'

Jonas Vingegaard, gañador da segunda etapa de ‘O Gran Camiño’

A proba, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, saía de Taboada e tiña a meta na vila de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Corredores de once dos mellores equipos internacionais, con figuras como Jonas Vingegaard, Egán Bernal, Richard Carapaz ou Carlos Canal, tomaron a saída na avenida de Lugo, a carón da Praza de Riazón, onde a tenencia de alcaldía do Concello de Taboada instalou unha zona de degustación para promocionar os produtos da Ribeira Sacra.

Nos actos previos á saída, durante a presentación dos equipos, o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, o tenente alcalde de Taboada, José Portela, e o concelleiro de Deportes, Cultura e Deportes, Manuel Diéguez, entregaron ao equipo Movistar –no que compite Carlos Canal– un lote de produtos locais.

Os ciclistas, entre eles o gañador da proba, Jonas Vingegaard, percorreron 151 quilómetros polas estradas de Taboada, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada, onde rematou esta segunda etapa da volta ciclista profesional a Galiza que se retransmitiu en máis de 150 países de distintos continentes a través de Eurosports e medios especializados.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro destacou “a oportunidade que ofrece esta proba para a promoción do territorio, nesta edición, a Ribeira lucense do Miño, que percorrerán os ciclistas”, e fixo entrega do premio de campión de etapa a Jonas Vingegaard. O ciclista danés, dúas veces campión do Tour de Francia, foi un dos máis agardados polo público que seguía a etapa nos distintos puntos do itinerario. Egan Bernal e Jefferson chegaron segundo e tercero á meta.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...