HomeDeportesO Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

A expedición chegou xa a La Seu d'Urgell, en Lleida, e afronta tres días de competición con dez deportistas inscritos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás para competir estes días a nivel nacional en dúas modalidades. Os días 28 e 29 de marzo farano en Eslálom Olímpico e o día 30 en Kayak Cross.

Trátase da 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico e tamén se disputan os Selectivos Olímpicos, co cal as probas son de máxima esixencia. O escenario será a Canle Olímpica de La Seu D’Urgell na provincia de Lleida.

Os deportistas monfortinos que competirán en diferentes categorías son: Sara, Nerea, Noa Díaz, Ximena, Martín, Diego, Iago, Efrén, Carlos e Santi Díaz –director técnico do Club–.

ÚLTIMAS

Nevaradas e estradas provinciais pechadas por asolagamentos no sur de Lugo

A Deputación de Lugo vén de informar que mantén cortadas este martes 3 de...

Tabodada celebra o 14 e 15 de febreiro, a Festa do Caldo de Ósos que pregoa Mercedes Vázquez de Televinte

O día central da celebración será o domingo día 15, coa degustación popular desta...

O 4 de febreiro actívase a reserva de prazas das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra que comezan o 19 de marzo

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a...

Puramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría,...