HomeEconomíaPuramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

Puramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

A conselleira do Medio Rural vén de visitar no Saviñao, Puramel Sacra, un dos produtores apícolas galegos premiados recentemente nos Paris Honey Awards

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; destacou durante a visita ás instalacións, o apoio do Goberno galego ao sector apícola con axudas para mellorar a súa competitividade.

O Diario Oficial de Galicia xa publicou a convocatoria das axudas á apicultura dotadas cun orzamento de máis de 1,4 millóns de euros. Financiaranse as actividades realizadas entre o 1 de agosto de 2025 e o 31 de xullo de 2026, ambos inclusive, período dunha campaña apícola, e o prazo de solicitude estará aberto desde mañá ata o 2 de marzo.

Neste sentido, detallou que con estas axudas apoiarase aos apicultores en cuestións como servizos de carácter técnico; investimentos en activos materiais e inmateriais, entre os que se inclúe a loita contra invasores como a vespa velutina ou enfermidades como a varroose; actuacións de análise que permitan incrementar o número de abellas ou a súa produción; a promoción, comunicación e comercialización dos produtos e as actividades que permitan incrementar a súa calidade.

A conselleira indicou que desde 2013 lévase investido máis de 10 millóns de euros nestas axudas ao sector apícola, triplicando o número de beneficiarios. Neste contexto, destacou que é un sector no que cada vez máis persoas se animan a emprender neste eido produtivo, sobre todo os mozos e reafirmou o compromiso do Goberno galego a prol desta actividade e da súa promoción, especialmente daqueles que produzan baixo selos de calidade diferenciada.

selos de calidade diferenciada

Puramel Sacra, con Toni Fernández ao fronte, foi unha das marcas apícolas galegas premiada recentemente nos Paris Honey Awards, un recoñecemento que amosa, segundo resaltou a conselleira, o bo facer dos apicultores con producións de excelente calidade. Neste senso, o mel desta empresa lucense está amparado polos selos da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e por Artesanía Alimentaria.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...