HomeDeportesCoa entrega de premios remata en Monforte a II Fase da Liga...

Coa entrega de premios remata en Monforte a II Fase da Liga Provincial de Lugo de Ximnasia Rítmica

Os resultados desta segunda fase farán media cos obtidos o pasado 23 de abril no campionato celebrado en Burela e de aquí sairá a clasificación final para o Campionato Galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na II Fase da Liga Provincial de Lugo Individual e Conxuntos de Ximnasia Rítmica Escolar, Promoción e Prebase que se vén de celebrar en Monforte participaron 11 clubes da Provincia de Lugo que reuniron entre 600 e 700 ximnastas de diferentes idades. A Cidade de Monforte, estivo representada polo Kendra e O Quicela que participaron con un número aproximado de 150 ximnastas, e que tal e como estaba previsto, terán presenza no Campionato Galego con varios equipos. Isto demostra que a rítmica monfortina está en pleno auxe constatándose, que cada vez hai mais ximnastas participando deste deporte.

Entre as medallas acadadas polos representantes de Monforte destaca a medalla de ouro acadada por Deborah Mineli que con 43 anos se proclamou Campiona Provincial, con posibilidades de rebalidar o título de Campiona Galega por terceira vez. Iste non é nembargantes o único podium das ximnastas monfortinas que acadaron excelentes resultados que se publicarán na páxina oficial da Federación Galega de Ximnasia unha vez rematadas todas as modalidades da Competición.

O Alcalde quere felicitar a todos os deportistas que participaron nas competicións polo esforzo feito que é froito do traballo diario que fan e especialmente ós ximnastas da Cidade de Monforte que nesta modalidade, como noutras igual de importantes, consiguen poñer o nome da Cidade no mais alto do panorama deportivo nacional.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...