HomeDeportesPrakash Aisa Barrera faise co Campionato de España maculino Pitch &...

Prakash Aisa Barrera faise co Campionato de España maculino Pitch & Putt

Monforte recibiu para este campionato nacional de golf a 108 xogadores chegados de toda España, que viñeron acompañados por familiares e amigos, polo que o Alcalde destacou que o campionato “xerou un importante impacto no noso sector hostaleiro e de restauración e converteuse nunha ocasión excepcional para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da nosa zona, polo que sen dúbida, será un bo reclamo promocional para todo o sur da nosa provincia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O gañador do XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024, que se celebrou nas instalacións do Club Río Cabe de Monforte, durante esta fin de semana, foi o golfista español, Prakash Aisa Barrera. Complétase o Cadro de Honra con:

  • Subcampión: César Crespo
  • Primeiro Clasificado Hándicap: Hugo Kestas Nustedt
  • Segundo Clasificado Hándicap: Alfonso Álvarez Enríquez

Na entrega do trofeo, o Alcalde estivo acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o Presidente da Federación Galega de Golf, Mario Covelo López,  o Presidente do Comité de Pitch&Putt de la RFEG, Jesús Barrera Correal, o Presidente da Agrupación Deportiva de golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, Ángel Manuel Román Regueira, Vocal do Comité de Pitch&Putt da RFEG e Mª Eugenia Graña Rosales, Xerente da Agrupación Deportiva de golf Río Cabe.

O Campionato que contou co apoio tanto do Concello de Monforte como da Deputación de Lugo, desenvolveuse durante toda a fin de semana. O venres día 10 foi a xornada de adestramento oficial. O sábado 11 disputáronse dúas roldas de 18 ocos (“hoyos”) e na xornada do domingo unha rolda máis que decidiu quen foi o Campión de España deste ano.

Os Presidentes das Federacións Española e Galega de Golf agradeceron o apoio das dúas Institucións, Concello de Monforte de Lemos e a Deputación Provincial, así como á Agrupación Deportiva Río Cabe pola organización do evento e manifestaron estar encantados coa celebración do Campionato na Cidade Condal.

ÚLTIMAS

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...