HomeDeportesMonforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do...

Monforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do 24 ó 28 de xuño

O Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica, está organizado polo Club Quicela co apoio do Concello de Monforte e da Xunta de Galicia. Celebrarase no novo Pavillón polideportivo da Pinguela de Monforte do 24 ó 28 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de contidos do Campus contará con sesións de aprendizaxe, masterclass internacional e exhibición final das participantes.

O Campus está dirixido a nenos e nenas en idade escolar, a partir de 7 anos. Os participantes estarán divididos en grupos seguindo un criterio de nivel individual e idade para realizar os grupos o máis homoxéneos e equilibrados posible. O número de ximnastas será de 25 máximo en cada grupo.

Agárdase a presenza de ximnastas estranxeiras, chegadas de países como Bulgaria, Ucraína, Portugal, México ou Italia.

Para participar no Campus ofertábanse 50 prazas, que foron cubertas, inscribíndose nenas de 7 a 16 anos. Ademais de ximnastas monfortinas, tamén participarán doutros puntos de Galicia e España, como Valencia, Tarragona ou Madrid.

O Campus contará con 3 adestradoras internacionais de excepción, que serán as que desempeñen a función de impartir o Campus. Á súa vez, estarán apoiadas por técnicos nacionais de ximnasia rítmica e monitores de apoio que estarán pendentes dos ximnastas nos tempos de descanso e na realización das actividades de lecer. Son:

  • Hanna Rizadtinova: medallista olímpica e creadora da Rizadtinova Academy, segunda escola de ximnasia rítmica máis importante de Ucraína.
  • Valeriya Yuzviak:  Campioa de Europa e adestradora da Rizadtinova Academy.
  • Magda Cumes: mellor preparadora física especializada en ximnasia rítmica de España.

“Dende o Executivo de José Tomé, coincidimos cos obxectivos que se marca este Campus que son promover e fomentar o deporte de base e en idade escolar, en concreto a ximnasia rítmica, á vez que se inculcan hábitos de vida saudables,” destacou a tte de alcalde, Gloria Prada.

Campus Internacional Ucraíno de Verán presentación / Concello de Monforte

Do mesmo xeito, o Campus tamén busca que os participantes socialicen entre eles e con participantes doutras cidades e países tanto durante a actividade como durante o tempo libre.

“Eventos desta índole aportan un impacto socioeconómico para a nosa cidade e serven para dar a coñecer Monforte e a Ribeira Sacra a todas esas persoas que veñen a impartir e a participar neste Campus Internacional. Aproveito para trasladar dende o Concello a nosa solidariedade co pobo ucraíno”, concluía Gloria Prada.

O venres 28 en xornada de tarde haberá unha gala-exhibición de todas as participantes no Polideportivo Municipal da Pinguela sendo para todos os asistentes a entrada gratuíta.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación da iniciativa e destacou que a Xunta colabora con clubs e entidades da provincia na posta en marcha de actividades deportivas e de lecer durante a tempada estival. Ao mesmo tempo, a Administración autonómica organiza cada ano os campamentos de verán que nesta edición ofrecen máis de 11.500 prazas en instalacións de toda Galicia.

Campus Internacional Ucraíno de Verán presentación / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...