HomeDeportesO Club de piragüismo Quixós segundo no Campionato de España de Sabero

O Club de piragüismo Quixós segundo no Campionato de España de Sabero

Os monfortinos competían esta pasada fin de semana nas modalidades de sprint e clásica acadando uns magníficos resultados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A localidade de Sabero, en León, acolleu o Campionato de España quedando o Club Quixós subcampión en descendo de augas bravas e subcampión en novas promesas.

Campionato de España Aguas Bravas Sprint celebrado o sábado 29

Noa foi campioa de K1 xuvenil e de C1 xuvenil; Sara campioa de K1 cadete; Efrén campión e C1 xuvenil e subcampión K1 xuvenil; Ximena subcampioa C1 xuvenil; Noa e Gabriel subcampións de C2 mixto; Pris subcampioa K1 veterana; Carlos subcampión K1 veterano; Gabriel bronce en K1 senior; Iago e Gabriel bronce en C2 senior; e Diego bronce en C1 cadete.

No campionato de España de Clásica celebrado o domingo 30 de xuño

Noa campioa de España K1 xuvenil e campioa de C1 xuvenil; Sara campioa de K1 cadete; Iago e Gabriel bronce en C2 senior; Ximena subcampioa de C1 xuvenil; Jacobo bronce en K1 xuvenil; Efrén campión de C1 xuvenil; Pris campioa de K1 veterana; Diego C1 xuvenil; Edgar campión de K1 infantil e África campioa en C1 e prata K1 infantil.

Expedición do Club Quixós que competiu en Sabero, León. Foto: C. Quixós.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...