HomeDeportesDIRT Vila de Sarria, o 13 de xullo no marco do Descenso...

DIRT Vila de Sarria, o 13 de xullo no marco do Descenso Urbano

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co club ciclista DHG na organización do DIRT Vila de Sarria; un certame de saltos que suma alicientes á fin de semana do descenso urbano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O DIRT Vila de Sarria é un certame de dirt jumping, unha modalidade caracterizada pola espectacularidade dos saltos e das acrobacias dos participantes sobre os distintos elementos dun circuíto, entre eles, un inchable que se instalará na saída – rúa Marqués de Ugena – adquirido recentemente polo club sarriao coa colaboración da área de Deportes.

O vicepresidente da Deputación de Lugo achegouse esta semana ao campo da feira de Sarria onde os integrantes do club despregaron e probaron este inchable, de máis de catro metros de altura, no que se exhibirán algúns dos mellores especialistas nesta modalidade como Ferre, Cristhian Cardona, Carolo, Héctor Guerra ou Diego Solans.

Efrén Castro valorou “o traballo do DHG que convertiu Sarria nun referente estatal co descenso urbano e que segue sumando iniciativas ao calendario de eventos ciclistas de Sarria, como esta exhibición de salto que reforza o atractivo das probas desta fin de semana” e destacou “o potencial destes eventos para traer xente á vila durante os días en que se celebran e para proxectar a imaxe de Sarria”.

Con este investimento en material, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforza a colaboración que mantén co club sarriao e co Concello de Sarria na organización de probas ciclistas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...